Thursday 09 de May de 2024

O concello reforza o seu compromiso pola seguridade ao incorporar a promoción máis ampla de policías locais desde 1992


A alcaldesa, Inés Rey, destacou que no grupo de axentes que tomaron posesión esta mañá no salón de plenos, hai catro mulleres: “Agardo que o número se incremente en futuras convocatorias”

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Réxime Interior, José Manuel Lage, recibiron esta mañá as e os 30 novos policías locais, que se incorporan ao corpo, a promoción de axentes máis ampla desde 1992, o que segundo a rexedora reforza o compromiso do Goberno local polo emprego público e polos servizos públicos que garanten a seguridade da cidade. Rey sinalou que desas 30 persoas, sete incorporaranse inmediatamente ao cadro do persoal e 23 irán á Academia Galega de Seguridade para remataren a súa formación e seren parte da policía ao final do verán. Os oito profesionais restantes xa tomaron posesión do cargo en xaneiro.

A alcaldesa destacou que no grupo hai catro mulleres e “agardo que o número destas profesionais se incremente en futuras convocatorias”. Ademais, reiterou a aposta decidida do concello pola incorporación plena da muller en todas as forzas e corpos de seguridade do Estado, “non é algo novidoso xa que están inscritos nunha estratexia de emprego público que se está plasmando nas novas convocatorias”. Falou de que a presenza feminina é tímida, pero que é un feito e “estamos
Nota de Prensa

cumprindo coa normativa vixente”, no referente a elas e tamén á reposición de profesionais. A promoción supón un incremento do 13,8% do total dun cadro de persoal que terminará o ano con 318 persoas, algo moi significativo, se se ten en conta a merma dos últimos exercicios, que se irá resolvendo ao longo destes anos na medida en que o marco estatal o permita.